08/06/17
Que houbo en San Xoán Vello?
Fotografía: M. Miranda
O pasado mes de marzo o presidente do noso Colectivo e membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde Suso Fernández estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela.
Daquela era a nosa intención complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. Así que, agora, estamos a programar un acto público e unha visita guiada á Cova do Santo Vello. No acto participarían o estudoso Francisco Xavier Martinez Prieto, Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo.
Axiña concretaremos data e lugar.
29/05/17
Conversa con Manuel López
A editorial Embora organizou en decembro do pasado ano, en Ferrol, a presentación de Tres balas. Hai uns días o clube de lectura da libraría Bahía, en Foz, programou unha das súas sesións para conversar co autor arredor desta novela curta e agora a libraría Porta da Vila organiza esta presentación en Viveiro.
O autor, Manuel López, Manolo de Lar, nado en 1956 en Catarou, na parroquia viveiresa de Galdo, impresor e tamén autor do libro Camiños de escuma e vento (2013), achega agora aos seus conveciños a súa primeira ficción novelada.
O libro de Manuel López conta con ilustracións doutro viveirés, Xosé L. Neira Brochs.
O autor, Manuel López, Manolo de Lar, nado en 1956 en Catarou, na parroquia viveiresa de Galdo, impresor e tamén autor do libro Camiños de escuma e vento (2013), achega agora aos seus conveciños a súa primeira ficción novelada.
O libro de Manuel López conta con ilustracións doutro viveirés, Xosé L. Neira Brochs.
28/05/17
O meu país é verde, neboento...
O concerto didáctico co que onte nos agasallou SondeNós vai ficar durante moito tempo na memoria das persoas que enchimos o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Alí, entre outras pezas soou O meu país, a "fantasía ou recreación--así a presentou o director Plácido Travieso--desde o respecto, desta fermosa melodía de Miro Casabella" co texto de Xoán Manuel Casado.
E, como se pode comprobar na fotografía, tivemos un dobre agasallo: o partillar este concerto co cantautor Miro Casabella.
Neste concerto, por indicación do director de SondeNós--profesor do Conservatorio de Viveiro--cambiamos a disposición do cenario. E a verdade todo ficou moito ben.
Grazas a SondeNós por este fermoso agasallo de Música e Lingua, por esta Identidade.
17/05/17
Concerto didáctico con SondeNós
O sábado 27 de maio temos programado un concerto didáctico co grupo vocal SondeNós.
www.sondenos.com
15/05/17
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)