REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

18/04/17

Un agasallo para o mes de maio


Un agasallo que chegará   a Viveiro desde Lugo.
Seguiremos informando nos vindeiros días.

15/04/17

O DECRETO DO EUCALIPTO, A DEBATE



O DECRETO DO EUCALIPTO A DEBATE, NOVA ACTIVIDADE DO COLECTIVO PENSAMENTO E SEMENTEIRA

O vindeiro venres 21 de abril, o colectivo   organiza un debate arredor do novo decreto do eucalipto que regulará os plantíos desta árbore e que está a provocar reaccións entre os propietarios de montes, concellos e organización ecoloxistas.

PENSAMENTO E SEMENTEIRA convidou para participar neste debate ao presidente da Asociación de Produtores de Madeira  (PROMAGAL), Ramón Reimunde Noreña e á vogal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Adela Figueroa Panisse. O moderador deste acto público que se desenvolverá o vindeiro venres 21 de abril, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior, será o xornalista Xavier R. Lombardero.


O acto, que dará comezo ás 20:30 horas, é aberto até completar o aforo da sala. O noso Colectivo, que xa ten convocado outros debates arredor de temas de interese xeral, convida a asistir á toda a veciñanza e moi especialmente ás directivas das comunidades de montes.

11/03/17

Desta vez non vai de música...



Desta vez non vai de música...Estamos a organizar un debate arredor do "decreto do eucalipto".
Participarán produtores da comarca, haberá representación ecoloxísta, moderará un xornalista.
Terémosvos informados.

09/03/17

Grazas, Sofía, polo teu agasallo.



O pasado 8 de marzo tivemos a sorte de ter en Viveiro á cantautora mugardesa Sofía Espinheira. Sofía presentounos o seu traballo Aló onde agroman as herbas.
As cancións da súa autoría foron todo un agasallo. Grazas, Sofía e até outra!

13/02/17

O 8 de marzo:concerto de Sofía Espinheira




O mércores 8 de marzo termos en Viveiro a Sofía Espiñeira.
Sofía Espiñeira nace en 1986 na vila de Mugardos, onde pasa toda a súa infancia e adolescencia. Achégase á música dende pequena, cursando co clarinete como instrumento a formación de Grado Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol entre os 10 e os 14 anos de idade. De seguido comeza a tocar a guitarra e a cantar de xeito autodidacta, compoñendo os seus primeiros temas.
Nos anos posteriores cursa os estudos de xornalismo na USC, rematándoos no 2009 na cidade de Rennes, Francia. É durante esta etapa universitaria cando comeza a adentrarse no traballo corporal e artístico, achegándose á danza contemporánea e ás técnicas circenses. Finalizada a universidade realiza un ano de formación na Escola Navarra de Circo Oreka, en Pamplona, a cal lle da as ferramentas para comezar a súa andanza profesional nas artes escénicas. De volta a Galicia no outono do 2010 afíncase en Santiago de Compostela, comezando a traballar con Roberto C. Mouriño na compañía de teatro e títeres Titereficciós, coa que continúa actualmente.
No 2010 establece contacto coa Asociación Circonove, onde continúa o seu entrenamento e aprendizaxe circenses colaborando nalgún cabaré, traballando coa bailarina e clown Alba Moreno Biurrun na compañía Resueltas (2010-2012) e participando nas primeiras funcións do especNo 2015 nacen novos proxectos vinculados á danza, ó teatro e á música. Unha proposta poético – teatral a dúo coa poeta soriana Carmen López Roca:  Huevos fritos y vino tinto. Tamén emerxe unha nova xuntanza a catro, a compañía Teatro ó Cubo, xunto cos actores Alfredo Pérez Muiño, Roberto C. Mouriño e o escritor Jose Luis Baños de Cos, cunha proposta de teatro musical para público familiar: O faiado. No ámbito da danza, comeza a traballar como bailarina nos concertos infantís de Estamos no verán, a novela – disco de Xoán Curiel e Charo Pita.táculo Impreuna , de Pista Catro.
En Abril dese mesmo ano resulta gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo, o cal lle permite grabar o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas. Este traballo lle da pé a comezar a súa andanza como cantautora, que se inicia co seu primeiro concerto en decembro no festival Treme a terra, en Pontedeume e continúa a desenvolverse neste ano 2016 coa súa xira de concertos en diferentes salas e espazos culturais presentando o seu álbum.